BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

CERTÁMENES LITERARIOS PARA ESTA PRIMAVERA


                              III RECITADO DE POESÍA GALEGA. 

Con motivo da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, convócase un certame de recitado poético que ten como finalidade a potenciación da expresión oral a través do coñecemento das obras de poetas galegos. Nesta convocatoria recitaranse poemas Rosalía de Castro, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Celso Emilio Ferreiro, Fran Alonso e Mª Victoria Moreno (a autora homenaxeada este ano do Día das Letras Galegas)
BASES: AQUÍ

                        CERTAME LITERARIO ROSA GÓMEZ


INSCRIPCIÓNS: Ata o 19/03/2018


O Concello de Ourense organiza un ano máis o Certame Rosa Gómez. Podedes ler as bases neste enlace: BASES
 O acto de entrega de Premios celebrarase no no Salón de actos do IES Blanco Amor o 25 de abril.

               XXII CERTAME DE POESÍA  FRANCISCO AÑÓN


                                INSCRIPCIÓNS: Ata o 03/04/2018


BASES: AQUÍ
REQUISITOS:
Poderán participar todas as persoas interesadas de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán de ser inéditos.
Categorías:
Categoría A: Nenos/ass de 6 a 7 anos.
Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos.
Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos.
Categoría D: Rapaces/as de 12 a 14 anos.
Categoría E: Rapaces/as de 15 a 17 anos.
Para a categoría E, as obras terán una extensión mínima de 150 versos.